Vista normal Vista MARC Vista ISBD

A esfera celeste / Olli Jalonen

por Jalonen, Olli [autor/a]; Ahola Rissanen, Tuula Marjatta [tradutor/a]; González Ahola, Tomás [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontevedra : Faktoría K de libros , 2021 Edición: 1ª ed.Descrición: 551 p. ; 21 cm.ISBN: 9788416721900.Materia(s): Ciencia | Fe | Paxaros | Estrelas | EsperanzaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Ambientada na década de 1680, nos albores da Ilustración, a ciencia e a fe enfróntanse nesta emotiva historia. Angus é un campesiño de sete anos que vive coa súa nai e coa súa irmá na illa atlántica de Santa Helena, pertencente ao reino británico e dominada por un despótico gobernador. Ninguén na aldea quere a esta familia, que só conta coa protección do reverendo Burch. A tarefa que lle encomenda a Angus o astrónomo Edmund Halley -que pasara un tempo estudando plantas e animais mentres observaba os movementos estelares- consiste en contar o paso de certas aves; desa maneira é como adestra a vista para chegar a ver directamente no ceo o que outros só poderían percibir a través dun telescopio. Mentres practica, Angus soña con viaxar a Londres e traballar como axudante de Halley. Pero unha traxedia acontece en Santa Helena e o rapaz agóchase nun barco con destino a Inglaterra, cunha nota cosida dentro da súa camisa. Quen lle diría que alguén tan humilde coma el chegaría a desempeñar un papel determinante na historia da ciencia…
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Plurilingüe de Ames
Sala préstamo
G-N JAL esf 1 Dispoñible CED004000017856

Tít. orixinal: Taivaanpallo.

Olli Jalonen combina a voz narrativa de Burch coa de Angus; mentres este último ten unha visión inxenua dos acontecementos, coñecemos o que realmente sucede na illa a través do reverendo. Nesta deliciosa lectura destacan as reflexións filosóficas sobre relixión e humanidade. E malia que a acción é mínima, ten a intensidade das novelas de aventuras. A principal mensaxe radica na esperanza: mesmo en tempos difíciles e cheos de desgrazas, o protagonista é capaz de manter a mente aberta á curiosidade e ao coñecemento.

Ambientada na década de 1680, nos albores da Ilustración, a ciencia e a fe enfróntanse nesta emotiva historia. Angus é un campesiño de sete anos que vive coa súa nai e coa súa irmá na illa atlántica de Santa Helena, pertencente ao reino británico e dominada por un despótico gobernador. Ninguén na aldea quere a esta familia, que só conta coa protección do reverendo Burch.

A tarefa que lle encomenda a Angus o astrónomo Edmund Halley -que pasara un tempo estudando plantas e animais mentres observaba os movementos estelares- consiste en contar o paso de certas aves; desa maneira é como adestra a vista para chegar a ver directamente no ceo o que outros só poderían percibir a través dun telescopio. Mentres practica, Angus soña con viaxar a Londres e traballar como axudante de Halley. Pero unha traxedia acontece en Santa Helena e o rapaz agóchase nun barco con destino a Inglaterra, cunha nota cosida dentro da súa camisa. Quen lle diría que alguén tan humilde coma el chegaría a desempeñar un papel determinante na historia da ciencia…

Adultos/as

Coa tecnoloxía Koha