Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Os kowa / Xavier Queipo

por Queipo, Xavier (1957-) [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Literaria (Galaxia) ;344.Editor: Vigo :Galaxia ,2016 Edición: 1ª ed., 1ª impr.Descrición: 252 p. ;21cm.ISBN: 9788498656817.Materia(s): Expedicións-Novelas | Científicos-Novelas | Aventuras-Novelas | Amazonas -- NovelasRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Velaquí unha novela de aventruas que comeza en Europa (Bruxelas, Compostea, Copenhague) para continuar co pano de fondo da selva amazónica. Partindo dunha casualidade, a descubierta nun catálogo de bolboretas tropicais dun espécime de Callitaera aurora, Xavier Queipo escribe un texto de celebración da aventura, da busca da identidade, dese lugar privativo que é o noso lugar no mundo. O narrador é un científico naturalista que, logo de iniciar unha viaxe equinoccial, se atopa perdido no medio do mato, nunha selva inzada de perigos mais tamén de descubertas existenciais. Conforme avanza o relato, as reflexións íntimas do protagonista van deixando un pouso entrópico que nos devolve ao paraíso perdido, á selva enigamática, ao labirinto sen fío de Ariadna salvador. Nesta novela, coa que obtivo o Premio Blanco Amor en 2015, Xavier Queipo consegue un alento narrativo intenso e, ás veces, desacougante no que se apalpa a soidade e a tensión dun home enfrontado ao seu destino.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Plurilingüe de Ames
Sala préstamo
G-N QUE kow 1 Dispoñible CED004000016450

Premio Blanco Amor 2015

Velaquí unha novela de aventruas que comeza en Europa (Bruxelas, Compostea, Copenhague) para continuar co pano de fondo da selva amazónica. Partindo dunha casualidade, a descubierta nun catálogo de bolboretas tropicais dun espécime de Callitaera aurora, Xavier Queipo escribe un texto de celebración da aventura, da busca da identidade, dese lugar privativo que é o noso lugar no mundo. O narrador é un científico naturalista que, logo de iniciar unha viaxe equinoccial, se atopa perdido no medio do mato, nunha selva inzada de perigos mais tamén de descubertas existenciais. Conforme avanza o relato, as reflexións íntimas do protagonista van deixando un pouso entrópico que nos devolve ao paraíso perdido, á selva enigamática, ao labirinto sen fío de Ariadna salvador.

Nesta novela, coa que obtivo o Premio Blanco Amor en 2015, Xavier Queipo consegue un alento narrativo intenso e, ás veces, desacougante no que se apalpa a soidade e a tensión dun home enfrontado ao seu destino.

1º-2º BAC

Coa tecnoloxía Koha