Fronte da arte : a arte galega no contexto europeo dos anos trinta / Carlos L. Bernárdez
por Bernárdez, Carlos L. 1958- [aut].
Tipo: LibroSeries: (Ensaio (Laiovento) ; 379).Editor: Santiago de Compostela : Laiovento , 2020 Descrición: 145 p. : il. br. e n. e cor ; 21 cm.ISBN: 978-84-8487-464-5.Materia(s): Arte -- Galicia -- S.XXResumo: Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta recolle un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura do século pasado, con especial atención á produción do movemento renovador da arte galega que traballa nos anos vinte, no período republicano,na Guerra Civil e no exilio. Estúdase como a súa arte era conscientemente presentada desde posturas que reafirmaban o carácter conflitivo, denunciador da opresión ou reafirmador das imaxes, desde criterios sociopolíticos alternativos ao discurso dominante que deitaba o poder. Tiñan pois, un forte contido social e identitario, aparecendo os labregos como clase subalterna mais tamén o proletariado e o mundo fabril. As obras dos nosos pintores prodúcense, xa que logo, desde un coñecemento do representado, elaborando un discurso que non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa–coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados“realismo de entreguerras”. A procura de raíces no pasado propio como fonte de modernidade é unha das receitas; no caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica do noso románico e barroco.A recepción posterior tópica da nosa arte só se pode entender por unha visión previa que le a produción galega desde un a priori que a reduce a imaxe costumista....Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Plurilingüe de Ames Sala préstamo | XH-7 BER fro | 1 | Dispoñible | CED004000019510 |
|
Inclúe referencias bibliográficas
Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta recolle un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura do século pasado, con especial atención á produción do movemento renovador da arte galega que traballa nos anos vinte, no período republicano,na Guerra Civil e no exilio. Estúdase como a súa arte era conscientemente presentada desde posturas que reafirmaban o carácter conflitivo, denunciador da opresión ou reafirmador das imaxes, desde criterios sociopolíticos alternativos ao discurso dominante que deitaba o poder. Tiñan pois, un forte contido social e identitario, aparecendo os labregos como clase subalterna mais tamén o proletariado e o mundo fabril. As obras dos nosos pintores prodúcense, xa que logo, desde un coñecemento do representado, elaborando un discurso que non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa–coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados“realismo de entreguerras”. A procura de raíces no pasado propio como fonte de modernidade é unha das receitas; no caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica do noso románico e barroco.A recepción posterior tópica da nosa arte só se pode entender por unha visión previa que le a produción galega desde un a priori que a reduce a imaxe costumista....