Lecturas de vacacións de inverno
Lecturas de vacacións de inverno
por Fernández Paz, Agustín...
Libro
por Barrios, Pepa
Libro
por FERNANDEZ PAZ, Agustín...
Libro
por LABRAÑA, Carlos; López,...
Libro
por Martínez Oca, Xosé...
Libro
por Nogueira, Pablo
Libro
Nesta novela técense dúas historias persoais que se enguedellan inevitablemente coma o bruar dunha melodía intimista, ergueita dun xeito doce e acre ao tempo.
O rexoubo dun soño a pique de esmorecer e a esperanza dunha nova vida, secundada polas inevitables ansias dun progreso negado pola posguerra e a represión, viste de lembranzas ás palabras que toman o protagonismo nestas páxinas.
A música eríxese coma unha especie de leitmotiv que soa de fondo, versando sobre á prohibición por parte das férreas tesoiras da censura de determinados estilos como o jazz provinte de latitudes norteamericanas, chegando a considerar os seus ritmos como algo propio da poboación afroamericana e polo tanto, unha música propia do mesmo demo.
A deslexitimización do emprego do idioma galego no ensino por parte de franquismo ou a actividade incesante producida nalgunhas vilas galegas, coa explotación do cobizado volframio para abastecer ao réxime nazi durante a Segunda Guerra Mundial, tamén se converten en pezas esenciais do crebacabezas no que por veces semella converterse este relato.
A memoria histórica e a dignidade das persoas que foron represaliadas polo torgo das súas ideas, son postas en valor a xeito de sentida homenaxe, nunha narración onde a historia e o presente se conxugan nestas páxinas nas que aniña a intriga....
por Dávila, Berta
Libro
por Yen, Nicole
Libro
A neve cubre apaciblemente a paisaxe. Os animais corren en busca de comida, mentres que outros hibernan á espera do tempo máis cálido. Cada extensión está chea de ventás emerxentes interactivas únicas, pestanas cambiantes e feitos fascinantes neste libro emerxente de inverno.