Riveiro Coello, Antón (1964-)

Días de intemperie / Antón Riveiro Coello - 1ª ed., 2ª imp. - Vigo : Galaxia , 2023 - 115 p. ; 21 cm - (Literaria (Galaxia) ; 464) .

Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía, a vinganza, a suplantación de identidade, o amor polos libros, o contrabando ou a orfandade son algúns dos temas que compoñen este libro estarrecedor onde o pano de fondo sempre é a guerra. Antón Riveiro Coello pon de novo os seus personaxes en situacións límite para que nos ofrezan o mellor e o peor de si. Relatos duros que nos enfrontan co espello para sabermos o lugar que poderiamos ocupar en conflitos tan diversos como os que acollen estes relatos. E tanto ten que a guerra se desenvolva en Ucraína, Siria, Rusia, Vietnam ou na raia seca ourensá. O importante nestas historias é o resultado conmovedor dunha escrita poderosa que, unha vez máis, ispe os personaxes para os deixar nunha intemperie que tamén podería ser a nosa.

9788491519072


Vellez
Homosexualidade
Contrabando
Lectura

821.134.4-31"19" 82-N