Aleixandre, Marilar 1947-

As malas mulleres / Marilar Aleixandre - 1ª ed., 1ª impr. - Vigo : Galaxia , 2021 - 246 p. ; 21 cm - (Literaria (Galaxia) ; 424) .

Premio Blanco Amor 2020

A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do“mudo coro das malas mulleres”, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais. A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas, en dar esperanza ás desesperadas.Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre, a novela vai enmarcada nun ton poético e, sobre todo, nunha trama ben armada e chea de rexistros literariamente moi potentes.

9788491515975


Historia--Novelas
Cárceres--Novelas
Mulleres--Novelas

821.134.4-31"19"

Coa tecnoloxía Koha