Fernández Paz, Agustín

Lúa do Senegal / Agustín Fernández Paz - 10ª ed. - Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 2017 - 200 p. : il. cor ; 21 cm - Sopa de libros ; 38 .

Khoedi, nome que significa lúa na súa lingua, é unha nena senegalesa de once anos que ten que abandonar a súa vila do Senegal e viaxar coa nai e coa irmá pequena ata Vigo, onde o seu pai vive desde hai un tempo. Todo é distinto na nova terra, e o único que ten en común coa que abandonou é a lúa que brilla no ceo polas noites. A nena elixe a Lúa como confidente das súas historias, a ela dirixe as súas intensas reflexións: sensacións, recordos, medos, e tamén o desexo de afacerse á nova vida que lle espera no novo lugar, tan repleto de ausencias, en particular a da súa avoa, Mamá Feriane.
O relato aborda a emigración desde o punto de vista do desarraigamento e a intensa tristeza que a rodean e destaca o valor da multiculturalidade, a diversidade lingüística e a convivencia, así como a importancia de conxugar memoria e futuro.

1º-2º ESO

9788497825566


Inmigración
Infancia
Multiculturalidade
Diversidade cultural
Educación en valores
Dereitos humanos


Senegal
Vigo

82-N

Coa tecnoloxía Koha