Luciano de Samosata

Diálogos de mortos; Diálogos mariños / Luciano de Samósata - 1ª ed. - Cangas do Morrazo : Rinoceronte , 2017 - 150 p. ; 22 cm + índice de nomes propios

Diálogos de mortos trasládanos ao Hades, onde comparten espazo personaxes históricos, heroes mitolóxicos e xentes descoñecidas que responden á caracterización de tipos: avarentos, parasitos ou cazafortunas. Alí constátase a incuestionable realidade de que a morte iguala a todos; no máis alá desaparecen as diferenzas que marcan a fortuna, a posición social ou as calidades persoais e só quedan caveiras e ósos pelados, evidencia da inutilidade dos traballos pasados en vida. Os máis dos humanos non son conscientes disto e pretenden reproducir os seus esquemas vitais na existencia post mortem. Ao instruílos as divindades infernais nas leis que funcionan alí, xorde un sentimento de perplexidade e ás veces unha rebeldía que dura pouco, e os mortos, outrora privilexiados, comezan a súa dura adaptación a unha realidade sen ningunha das prebendas anteriores.

En Diálogos mariños, os interlocutores son divindades vencelladas ás augas, ninfas, tritóns e por suposto Posidón, cuxas historias tradicionais se manipulan de xeito cómico. Céntranse case todos nas aventuras amorosas, e destacan os aspectos máis ridículos nun ton amable e lixeiro, sen crítica, como unha rexouba inocente de amigos nun ambiente bucólico que quere arrincar un sorriso.

1º-2º ESO

9788492866847


Filosofía
Literatura clásica
Diálogos
Sátira
Humor
Mitoloxía


Hades
Grecia

82-T