Carroll, Lewis

Do outro lado do espello e o que Alicia atopou aló / Lewis Carroll - 1 - Vigo :Edicións Xerais de Galicia ,1985 - 190 p :il ;19cm - Xabarín 10; .

Se Alicia no País das Maravillas, publicado por vez primeira o ano 1865, foi un conto longo para a nena amiga do autor, Alicia Liddell, A través do espello e o que Alicia atopou aló (1871) vén se-lo segundo "capítulo", menos espontáneo e con máis dominio das técnicas narrativas e das formas de expresión, do que o reverendo Charles Dodgson (nome real de Lewis Carroll) deu en chamar "os libros de Alicia" .Aínda que o autor deixou escrito: "¡Moito temo que non quixese escribir nada máis que disparates, pura e simplemente! Pero despois de todo, sábese ben, o senso das palabras vai máis aló do que lle quixemos dar de xeito tal que un libro enteiro significa bastante máis do que pensaba o autor", o certo é que el leva, sobre todo neste segundo libro, ata as últimas posibilidades as paradoxás lingüísticas e os xogos de palabras e fai que Alicia atravese o espello (tal vez por ve-la outra cara da realidade) cunha mente igual de curiosa que no primeiro, pero moito máis madura, e as reflexións, cavilacións, conversas e bromas teñen un ton máis metafísico e menos físico.

1º-2º ESO

8475071716


Fantasía
Aventuras

82N-G 087.5:820-34"18"

Coa tecnoloxía Koha