García González, Silvia 1973-

Nenas medrando / Silvia García - 1ª ed. - [Santiago de Compostela] : Chan da Pólvora , 2020 - 55 p. : fot. br. e n ; 18 cm - (Areal de Melide (Chan de Pólvora) ; 4) .

No ano 2009, Silvia García iniciou na Biblioteca do CGAC o proxecto "Os silencios de Alicia". Unha década despois retoma algúns dos elementos deste proxecto e redimensiónaos cunha serie de poemas onde a súa voz se funde coa memoria allea para construír un libro arredor da conciencia do corpo, das sensacións, dos procesos de maduración e, mesmo, dos recordos que aparecen cando asistimos como nais ao crecemento dunha nena. Silvia García comezou a coleccionar fotografías anónimas adquiridas en mercadiños e a través de internet. Sobre esa base, intentou buscar un fío que lle permitise albiscar a pose e a maneira na que as mulleres e as nenas aparecen nas fotografías: como miraban a cámara e como traslucían se estaban cómodas ou non. Aí comezou a súa curiosidade polo silencio, polo que cada nena cala, a súa incomodidade pero tamén o seu acomodo a unha realidade que lle ven dada.

978-84-121018-9-8


Poesía

821.134.4-14"20"