Zuñiga, Iolanda

Natura / Iolanda Zúñiga - 1ª ed., 1ª imp - Vigo :Galaxia ,2018 - 214 ;20cm - Literaria ;379 .

Dúas mulleres, nai e filla, emprenden unha fuxida deixando atrás unha terra devastada, unha civilización destruída, un mundo sen auga e sen futuro. Camiñan na procura da salvación, dese lugar chamado Natura onde se constrúe unha civilización forte, xeneticamente invencible, capaz de desafiar a canta catástrofe teña lugar.
Só unha conseguirá entrar en Natura, nesa obra de enxeñería deseñada para a salvación, e pasará a formar parte das Elixidas. Pero cal é o custo? Alí non hai espazo para a intimidade, nin para os recordos, nin para os sentimentos. Escravas da rutina e das instrucións que veñen de arriba, só as poden acatar. Nese cotián narcotizado penden a fe, a esperanza, a ilusión…Son corpos en branco fronte a ordes de homes de gris. Que acontece se esperta o desexo? Ou a consciencia? Ou se algunha delas infrinxe as normas?

Formación Profesional

9788491512622


LITERATURA
Novelas
Literatura - galego
galego
galego - literatura

821.111(73)-9"20"

Coa tecnoloxía Koha