Maceiras, Andrea 1987-

Que me pare o corazón se te esquezo / Andrea Maceiras - 2ª ed. - Vigo : Xerais , 2023 - 221 p. ; 21 cm - (Fóra de xogo (Xerais) ; 201) .

XV Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil

Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa ousadía. Porén, Nordestal é unha cidade ventosa, e Blue Shiva precipítase ao seu propio abismo. Axiña as redes sociais difunden a nova da súa morte. Do outro lado da pantalla, Ada, que non pode crer que Blue Shiva xa non exista, pídelle axuda á súa irmá xemelga, Lúa, e convértea en cómplice involuntaria. Pola súa banda, Gabriel regresa a Nordestal guiado polos latexos do seu corazón. Narrada a dúas voces, "Que me pare o corazón se te esquezo" é unha historia sobre ese mar que nos axita por dentro e sobre aquel que se abre alén das nosas pantallas, tinguido pola peor sombra e, ao tempo, capaz da maior luz.

9788411101424


Vida cotiá--Novelas
Redes sociais--Novelas

087.5:821.134.4-31"20"

Coa tecnoloxía Koha