Porto Ucha, Anxo Serafín, 1945-

Represión e depuración do maxisterio na provincia de Pontevedra : Análise teórica e estudo por partidos xudiciais, concellos e parroquias (1936-1942) / Ángel Serafín Porto Ucha, Raquel Vázquez Ramil - Santiago de Compostela : Andavira , 2021 - 703 p. : gráf. br. e n. ; 24 cm

Bibliografia: p. 555-573

Inclúe referencias bibliográficas e índice.

Neste libro sobre a depuración do maxisterio na provincia de Pontevedra estudamos un proceso que afectou á práctica totalidade do profesorado, salvo algunhas excepcións que quedaron á marxe. Os profesionais máis identificados coas iniciativas socio educativas republicanas foron os que recibiron castigos máis severos. A moitas e moitos profesionais do ensino que sobreviviron á traxedia da guerra civil ou da incivil guerra non lles quedou máis saída que sumirse nun particular e duro exilio interior, do que en boa maneira se beneficiou o franquismo. Os obxectivos deste traballo son: Analizar as características de dous sistemas educativos enfrontados e antagónicos: a escola republicana fronte á escola franquista. Profundar nos aspectos de política escolar, reformas e innovacións no período republicano, que axudan a describir, comprender e explicar o posterior proceso de depuración e represión do maxisterio. Describir os procesos de depuración e represión mediante a análise cuantitativa e cualitativa de todos os implicados. Pola Comisión Provincial de Depuración pasaron arredor de mil oitocentos profesionais do ensino primario da provincia de Pontevedra.... (Información proporcionada polo editor)

978-84-124269-2-2


Profesores (Ensino primario)--Historia--Galicia--1939-1975
Educación--Historia--Galicia--1939-1975.
Represión política--Galicia.
Represión política--Galicia--Pontevedra (Provincia)--1939-1975.
Represión política--Galicia--Pontevedra (Provincia)--1936-1939.


Pontevedra (Galicia)--Historia--1936-1939 (Guerra civil)
Pontevedra (Galicia)--Historia--1939-1975 (Ditadura franquista)

946.115"1936/1942":37 323.28(460.15)"1936/1942":371.12(461.15)"1936/1942" 371.12(460.15)"1936/1942":323.28(460.15)"1936/1942"

Coa tecnoloxía Koha