Fisher, Mark, 1968-2017,

K-Punk : Escritos reunidos e inéditos / Mark Fisher ; traducción, Fernando Bruno, Patricio Orellana ; edición, Darren Ambrose ; prefacio, Simon Reynolds ; prólogo, Matt Colquhoun - Buenos Aires : Caja Negra , cop. 2019-2021 - 3 v. (387, 542, 255 p.) ; 20 cm. - (Futuros Próximos (Caja Negra) ; 24-26) . - Futuros próximos (Caja Negra) ; 24. .

Tít. orix.: K-punk. The colleted and unpublished writings of Mark Fisher (2004-2016)

Vol. 1: Libros, películas y televisión ; vol. 2: Música y política ; vol. 3: Reflexiones, Comunismo ácido y entrevistas

"Intelectual sen ser académico, popular sen ser populista": así caracterizou Mark Fisher a misión da súa obra crítica. A súa relación coa vida universitaria sempre fora incómoda, e foi despois de descubrir o potencial democratizador dos blogs e utilizalo como canal de intercambio entre a cultura popular e a teoría cando atopou o seu medio e a súa voz. K-punk (primeiro o nome da súa páxina, despois unha especie de identidade dixital alternativa, como as dos produtores de 'jungle' que tanto amaba) pronto se converteu no centro e catalizador dunha comunidade de investigadores autodidactas, académicos desencantados e excéntricos de toda clase que saqueaban o traballo dos pensadores consagrados na procura de ferramentas analíticas para utilizalas de xeito pouco convencional. Ao reunir unha parte importante desa desbordante produción en liña, así como recensións, columnas de opinión, artigos activistas e ensaios que publicou simultaneamente en revistas e libros, esta ambiciosa recompilación pretende reconstruír por primeira vez a marca daqueles anos de escritura frenética e contaxiosa na que xa aparecerían as súas obsesións: modernismo popular, privilexios de clase, precariedade e depresión, formas de desexo poscapitalistas, hantoloxía e realismo capitalista. Este libro –o primeiro de tres volumes– recolle os seus textos sobre literatura, cine e televisión, e abrangue un amplo abano de referencias que inclúe autores como J.G. Ballard, Margaret Atwood ou Patricia Highsmith, directores como Cronenberg, Marker ou Nolan, películas como Stars Wars, Os xogos da fame ou Terminator e programas de televisión como Big Brother, Breaking Bad, Westworld ou The Americans.


Tradución de: K-Punk. The Collected and Unpublished Writings of Mark Fisher (2004-2016)

978-987-1622-74-0 (vol. 1) 978-987-1622-85-6 (vol. 2) 978-987-1622-96-2 (vol. 3)


Política e cultura
Industrias culturais
Socioloxía

321.015 316