Ramos, Ismael

A parte fácil / Ismael Ramos - 1ª ed. - Vigo : Xerais , 2023 - 139 p. ; 23 cm - (Milmanda Literatura (Xerais) .

Contén: A lontra ; Un sol máis alto ; A lebre ; Loura delgada ; Parábola da tormenta ; Algo mellor ; Unha trampa para coellos ; A parte fácil

As personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen "A parte fácil" aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes... A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen afunde a cabeza relaxadamente nunha bañeira chea de auga e sopesa a idea de non erguerse nunca máis.
Os contos de "A parte fácil" conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos.

1º-2º BAC 3º-4º ESO

978-84-1110-257-5


Vida cotiá--Contos

821.134.4-31"20"

Coa tecnoloxía Koha